Print

Refogado de arroz tres delicias

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g arroz
  • 60 g gambas
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g millo doce
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada (5mL) salsa soia
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha cacerola con abundante auga fervendo cocer o arroz 20 min. e a continuación escorrer e refrescar. Nunha tixola ou wok refogar en aceite as gambas, engadir o xamón cortado en dados, o arroz, os chícharos cocidos e o millo doce. Dar o toque de soia con coidado de non pasarse polo sal que ten. Servir quente.

Notes

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.