Print

Codornices con uvas

Course Segundo prato

Ingredients

  • 200 g codorniz
  • 20 g touciño
  • 300 mL caldo carne
  • 60 g cebola
  • 5 uva branca
  • 50 mL viño branco
  • 50 g arroz
  • 1 cullerada (5mL) brandy
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e chamuscar as codornices. Salpementar e fritir ata dourar. Nunha pota refogar no aceite de oliva o allo e a cebola en dados. Engadir as codornices e bacón en dados, flambear con brandy e mollar co viño branco deixando reducir uns minutos. Engadir o caldo ata cubrir. Tapar a pota e deixar cocer suavemente ata que estean tenras. Engadirlle as uvas e deixar cocer 5 minutos máis. Gornecer de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
A carne de codorniz é das menos calóricas, grazas ao seu menor contido en graxa; e é rica en proteínas, ata en maior cantidade que a carne de polo ou de pavo. Presenta unha baixa porcentaxe de colesterol, polo que esta carne pode substituír a outras máis graxas. En canto aos minerais destaca o seu elevado contido en ferro. E a carne de codorniz é unha boa fonte de vitamina B1, B2 e B6.