Print

Pescada á sidra

Course Segundo prato

Ingredients

  • 175 g rebanda pescada
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g berberecho (con cuncha)
  • 50 mL sidra
  • 30 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa tipo velouté á sidra: refogar en aceite o allo e cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe, engadir a sidra fervida para que perda parte do alcol, poñer perexil picado e deixar cocer uns minutos. Colocar a rebanda nunha placa de forno, cóbrese con salsa e se fonea 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas e berberechos.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.