Pasta con champiñóns
Ingredients
- 80 g pasta (macarrón relado)
- 50 g champiñón laminado
- 30 g salsa tomate
- 25 g pemento vermello
- 20 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 10 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, no aceite quente rustrir o allo, a cebola en dados, o pemento vermello en dados e o champiñón laminado. Engadir a salsa de tomate e deixar cocer uns minutos. Mesturar coa pasta e deixar quentar todo. Servir quente cubrindo con queixo.
Notes
Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas.
O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.