Cabaciño reenchido
Ingredients
- 125 g cabaciño
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 50 g carne porco
- 50 g cebola
- 25 g salsa tomate
- 25 g pemento vermello
- 6 g fariña
- 5 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementón doce
- pementa branca
- noz moscada
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar o cabaciño en anacos de 10 cm. de longo, facer unha base para que non rode e logo baleirar cunha culler francesa a pulpa do mesmo. Branquear ao vapor e reservar. Dourar en aceite de oliva virxe o pemento e cebola picados, engadindo a carne de porco picada e cando estea dourada a salsa de tomate e a pulpa do cabaciño. Reencher os cabaciños coa farsa e cubir cunha bechamel. Cubrir con queixo e gratinar.
Notes
Vantaxes:
O cabaciño caracterízase polo seu elevado contido en auga, seguido dos hidratos de carbono, e o seu baixo contido en lípidos e proteínas; estas características, ligadas a presenza de fibra, fan do cabaciño un alimento adecuado para dietas de adelgazamento. Contén vitamina A, B, C; magnesio, sodio, iodo, ferro, calcio e potasio; substancias que axudan na produción de glóbulos vermellos e brancos, na síntese do material xenético ou na formación de anticorpos do sistema inmunolóxico. Ademais, posúen acción antioxidante, regula os niveis de auga na célula, e mellora o funcionamento intestinal e dixestivo.