Print

Palometa con tomate

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g palometa
  • 100 g salsa tomate
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 50 g pataca
  • 50 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar o peixe e cortar en tranchas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha praca de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, poñerlle a salsa de tomate enriba e meter ao forno 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado sobre as patacas. Retirar do forno. Decorar con perxjil.

Notes

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.