Pescada ao forno
Ingredients
- 150 g lombo pescada
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 30 g cebola
- 50 mL viño branco
- 10 g pemento vermello
- 10 g pemento verde
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o peixe e cortar en supremas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva, deixar 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.