Print

Redondo de tenreira ao forno

Course Segundo prato

Ingredients

  • 140 g redondo tenreira
  • 100 g puré pataca
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 40 g cebola
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 1 dente (5g) allo
  • pementa
  • sal ao gusto

Instructions

  • Marcar o redondo enteiro na tixola ou prancha por ambas caras. Colocar na placa do forno, regar co viño branco, engadir as verduras troceadas e asar durante 50 minutos a 170 ºC. Cortar o redondo en rebandas, engadir o caldo á placa pasar por un chinés coas verduras para obter e elaborar a salsa. Servir con puré de pataca e a salsa cremosa por enriba.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.