Lombarda guisada con noces
Ingredients
- 125 g col lombarda
- 25 g ovo cocido
- 50 g pataca
- 15 g noces peladas
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar, cortar en dados e lavar a col. Cocer en auga abundante cunhas pingas de vinagre, escorrer. Nunha cazola rustrir en aceite o allo, engadir a lombarda e refogar coas noces. Acompañar de pataca cocida de base en rebandas e ovo cocido.
Notes
Vantaxes:
A col lombarda aporta moi pouca enerxía debido ao seu baixo contido de azucres. É unha verdura rica en compostos azufrados, vitamina C e ácido cítrico (substancia que potencia a acción da vitamina A). Ademais aporta unha importante cantidade de fibra confiríendolle propiedades laxantes. Posúe propiedades antioxidantes debidas ao seu contido en antocianos, vitamina A e vitamina C.