Potaxe de vixilia
Ingredients
- 60 g garavanzos
- 50 g bacallau
- 40 g espinacas
- 25 g ovo
- 20 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h). Cando os garavanzos comecen a estar cocidos, engadir o bacallau cortado en dados e as espinacas. Deixar cocer 10 minutos máis mentres se prepara un sofrito en aceite con allo e cebola picados, pementón doce; e engadilo ao potaxe case ao final.
Notes
Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.