Print

Acelgas refogadas con ovo cocido

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 125 g acelgas
  • 60 g pataca
  • 60 g salsa tomate
  • 25 g ovo
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instructions

  • Cocer as acelgas en auga abundante con sal, cando estean cocidas escorrer. Refogar o allo e cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Adicionar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos. Acompañar de ovo cocido.

Notes

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.