Print

Pescada á vasca

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g lombo pescada
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 25 g ameixa xapónica
  • 20 g chícharos
  • 10 g espárrago branco
  • 7 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min. e engadir perexil picado. Introducir o lombo de pescada na salsa e meter no forno coas ameixas e chícharos durante 8 min. Acompañar na mesma cazola con patacas redondas cocidas e espárrago.

Notes

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.