Refogado de verduras con arroz
Ingredients
- 60 g arroz
- 25 g cabaciño
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 25 g cenoria
- 20 g cebola
- 20 g chícharos
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer o arroz en branco con moita auga e sal. Refrescar e escorrer. Cortar as verduras en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e os chícharos deixando cocer un minuto mais. Dar o toque de sal.
Notes
Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (cabaciño, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.