Lentellas vexetais
Ingredients
- 45 g lentellas
- 25 g porro
- 25 g cebola
- 25 g pataca
- 25 g cenoria
- 15 g cabaciño
- 2 g allo
- 1 cullerada (8mL) aceite oliva
- comiños
- pementón doce
- sal ao gusto
Instructions
- Introducir en auga fría as lentellas, a cebola, a cenoria e o porro, e cocer lentamente. Engadir á media hora de cocción o cabaciño en dados e a pataca, e continuar a lume lento ata que estea todo cocido. Dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite con pementón e comiños.
Notes
Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro. Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.