Feixóns verdes refogados con tomate
Ingredients
- 150 g feixón verdes
- 75 g salsa tomate
- 50 g pataca
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar os feixóns verdes e cortar en bastóns. Cocer en auga con sal e escorrer cando estean tenras. Cocer as patacas en dados e escorrer. Nunha tixola quentar o aceite, engadir o allo e rustrir. Engadir os feixóns verdes e as patacas. Poñer o tomate. Mesturar ben os ingredientes e servir.
Notes
Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, sobre todo debido ó seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.