Print

Salmón en salsa de chícharos

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g salmón
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo peixe
  • 50 g chícharos
  • 30 g cebola
  • 30 g porro
  • 25 g mexillón
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar a salsa: refogar en aceite allo, cebola e porro picados sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña, cando coza un pouco cubrir co caldo de peixe e engadir os chícharos. Triturar e pasar por chinés. Introducir o salmón en supremas nunha cazola de barro e cubrir coa salsa, non debe estar demasiado espesa, poñer os mexillóns e meter no forno 10minutos a 180ºC. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas.

Notes

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.