Pescada en salsa americana
Ingredients
- 150 g lombo pescada
- 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
- 50 g arroz
- 50 g cabeza lagostino
- 30 g cebola
- 25 g salsa tomate
- 20 g cenoria
- 20 g porro
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (10mL) brandy
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- colorante alimentario
- sal ao gusto
Instructions
- Preparar unha salsa americana: Refogar en aceite o allo, cebola, porro e cenoria picados, engadir as cabezas de lagostino e flambear con brandy, engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe. Engadir un puñado de arroz e deixar cocer 25 min. Triturar e pasar por chinés. O lombo de pescada márcase na prancha e colocar nunha fonte de forno, cubrir con salsa e fornear 10 min. a 180ºC. Acompañar dun arroz ao forno.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.