Ossobuco en salsa con arroz
Ingredients
- 150 g ossobuco tenreira
- 1 vaso (250 mL) caldo carne
- 60 mL viño tinto
- 50 g arroz
- 40 g salsa tomate
- 30 g cenoria
- 25 g cebola
- 20 g pemento vermello
- 1 dente (5g) allo
- 6 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- loureiro
- pementa
- sal ao gusto
Instructions
- Salpementar a carne e pasar por fariña. Dourala nunha tixola. Nunha pota, refogar as verduras e engadir a carne dourada. Agregar viño tinto deixando reducir uns instantes, engadir a salsa de tomate e cubrir co caldo. Deixar cocer 1h e media aproximadamente. Sacar a carne e reservar. Triturar a salsa, e espesar se fose necesario. Acompañar de arroz branco.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.