Print

Lingua de tenreira braseada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 140 g lingua tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL auga
  • 60 mL viño branco
  • 50 g salsa tomate
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar e cocer as linguas en auga. Sacar e pelar. Colocar en placa de forno e acompañar coas verduras troceadas. Asar no forno a 180ºC. Engadir viño e auga na placa. Retirar as linguas unha vez cocidas e pasar a salsa por un chinés engadindo un pouco de salsa de tomate. Cortar a lingua en rebandas e cubrir con salsa. Cortar as patacas en rebandas, tipo panadera, e fritir lixeiramente para acompañar a carne.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.