Print

Redondo de tenreira con gornición

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g redondo tenreira
  • 1/2 vaso (100mL) viño branco
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 50 g tomate
  • 40 g cebola
  • 40 g porro
  • 40 g cenoria
  • 30 g chícharos
  • 30 g champiñóns
  • 15 g bacon
  • 5 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Marcar o redondo enteiro na tixola por ambas caras. Colocar na placa do forno, regar co viño branco, engadir as verduras troceadas e asar durante 50min a 170 ºC. Facer unha salsa refogando o bacon nun pouco aceite, engadir os champiñóns laminados e mollar con caldo de carne e o mollo do asado. Engadir tamén uns pementos vermellos de bote en dados. De gornición cociñar medio tomate ao forno con sal. Cortar o redondo en rebandas e salsear. Servir co tomate ao lado.

Notes

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.