Bacallau guisado con patacas
Ingredients
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- 100 g salsa tomate
- 1 vaso caldo peixe
- 50 g cebola
- 40 g pemento vermello
- 20 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- loureiro
- sal ao gusto
Instructions
- Nunha cazola refogar o allo, a cebola e o pemento. Poñer a folla de loreiro ,o pementón e a salsa de tomate. Engadir as patacas troceadas, non moi grandes e cubrir con caldo de peixe. Deixar cocer 15 a 20 min. Engadir o bacallau en anacos (cada lombo en 4 ) e deixar terminar de cocer. Nunha cazola de barro servir todo xunto acompañando de chícharos cocidos á parte e servir cubrindo de perexil.
Notes
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.