Print

Arroz con atún e gambas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 1/2 vaso (150mL) caldo pescado
  • 50 g salsa tomate
  • 40 g gambas
  • 40 g atún en aceite
  • 25 g cebola
  • 10 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, o pemento vermello e a cebola. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Cando comece a ferver, engadir as gambas e meter ao forno 18 min a 180ºC. A falta de 10min incorporar o atún ben escorrido. Servir no mesmo recipiente. Cubrir con perexil picado.

Notes

Vantaxes:
Este prato combina os beneficios do arroz e da carne de polo.
O arroz é rico en hidratos de carbono (fundamentalmente amidón), contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. Por outra parte, a carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.
Inconvenientes:
No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando convertido nun alimento sobre todo enerxético.