Garavanzos con verduras
Ingredients
- 75 g garavanzos
- 30 g cenoria
- 30 g cebola
- 20 g pemento verde
- 20 g pataca
- 10 g porro
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- pementón doce
- comiños
- sal ao gusto
Instructions
- Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h). Engadirlle as verduras cortadas en dados e deixar cocer. Cando os garavanzos estean practicamente cocidos, engadir as patacas rotas. Deixar cocer 10-12 minutos máis. Mentres, preparar un rustrido en aceite con allo e cebola picados, con pementón doce e engadilo ao potaxe case ao final. Comprobar de sal.
Notes
Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.