Filetes de pescada en salsa de mexillóns
Ingredients
- 150 g filete pescada
- 1/2 vaso (125 mL) caldo peixe
- 1 (100g) pataca
- 50 g mexillóns
- 25 g salsa tomate
- 20 g pemento vermello
- 20 g pemento verde
- 20 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar, escamar e quitar a pel aos filetes. Cortar en anacos de 75gr. As patacas pequenas cócense separadamente. A salsa prepárase refogando en aceite: allo, cebola moi picada, pemento vermello e verde picados. Engadir a fariña e a continuación o caldo de peixe. Deixar cocer uns minutos e engadir os mexillóns e o perexil picado. Poñer o peixe nunha placa de forno untada con aceite e cubrir coa salsa. Meter ao forno 10min a 180ºC. Servir acompañando de pataca cocida.
Notes
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.