Print

Xarda á prancha con panadeira

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g xarda
  • 1 (110g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento verde
  • 30 g pemento vermello
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instructions

  • Limpar a xarda e filetearla. Lavar e cortar as verduras en batóns. Cortar as patacas en láminas finas. Pasar as patacas pola freidora sen que se fritan do todo e colocalas nunha placa de forno. Refogar a cebola e pementos en aceite e poñer na mesma placa, mesturando coas patacas. Incorporar o caldo de peixe e meter no forno 20min a 180ºC. Marcar os filetes de xarda na prancha volta e volta e servir sobre as patacas. Cubrir con perexil.

Notes

Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular.
Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes).
Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.