Coca de verduras
Ingredients
- 20 mL leite desnatado
- 80 g fariña
- 20 mL auga
- 3 g fermento químico
- 5 g manteiga
- 20 g cebola
- 50 g cabaciño
- 100 g espinacas
- 30 g pemento vermello
- 20 g salsa tomate
- 30 g pemento verde
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Facer unha masa clásica cos primeiros 6 ingredientes procurando que non quede dura porque é difícil de estirar nin demasiado branda porque se rompería. Deixar fermentar 30-45 min. dependendo da temperatura. Cortar as verduras en dados non moi pequenos e refogar en aceite e finalizar coa salsa de tomate. Ferver as espinacas e reservar. Estirar a masa cun pouco de fariña para que non se pegue. Untar unha placa de forno con aceite e colocar a masa, pinchar cun tenedor e dar un golpe de forno a 180ºC. Sacala e pintar con aceite. Dispoñer as espinacas e o preparado de verduras enriba e acabar de fornear.
Notes
Vantaxes:
O ingrediente principal deste plato son as espinacas.
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.