Print

Bonito escabechado

Course Segundo prato

Ingredients

  • 130 g lombo bonito
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g cebola
  • 50 g cenoria
  • 30 mL vinagre
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instructions

  • Facer un escabeche: quentar o aceite, pochar as verduras e as herbas e engadir o vinagre. Cortar o bonito en anacos pequenos e cociñar dentro do escabeche. Acompañar de pataca.

Notes

Vantaxes:
O bonito clasifícase dentro dos denominados peixes azuis, que se caracterizan polo seu contido en graxa omega 3. Este tipo de graxa ten un efecto moi beneficioso para a saúde, xa que contribúe a diminuír o colesterol sanguíneo e outros factores de risco das enfermidades cardiovasculares. Ademais, o peixe azul aporta proteínas de boa calidade e vitaminas, entre as que destaca a vitamina D.