Bacallau cocido con cebola doce
Ingredients
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- 80 g cebola
- 30 g azucre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a cebola en rebandas finas e pochar no aceite, engadir o azucre, cociñar ata caramelizar. Ferver o bacallau e cubrir coa cebola doce e acompañar de pataca fervida.
Notes
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.