Print

Coello ao viño branco con verduras

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g coello
  • 100 mL caldo carne
  • 60 g cenoria
  • 50 g arroz
  • 50 g salsa tomate
  • 50 mL viño branco
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instructions

  • Macerar o coello co aceite e tomiño. Salpementar e dourar o coello nunha tixola. Nunha pota pochar as verduras e engadir o coello, mollar con viño branco, reducir e cocer co caldo, acompañar de arroz branco ao forno.

Notes

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.