Branqueta de tenreira con arroz
Ingredients
- 150 g tenreira guisar
- 100 g arroz
- 50 mL leite desnatado
- 40 g cebola
- 40 g champiñóns
- 20 g chícharos
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- pementa branca
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Cocer a tenreira en auga. Escorrer e cortar en dados (de 25 gr. cada un aprox.). Preparar como unha bechamel: no aceite refogar a cebola picada sen que tome cor, engadir a fariña e posteriormente o leite quente e a mesma cantidade de auga de cocer a carne. Dar o punto de sal e pementa. Introducir a tenreira de novo na salsa e engadir os chícharos cocidos e os champiñóns. Acompañar de arroz branco ao forno.
Notes
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.