Cinta de lombo de porco con salsa de cirolas pasas
Ingredients
- 150 g lombo porco
- 60 g cebola
- 50 g arroz
- 50 mL viño branco
- 20 g cirolas pasas
- 10 g porro
- 10 g cenoria
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- noz moscada
- loureiro
- pementa
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Cortar a metade da cebola en dados grandes, xunto co porro e a cenoria, dispoñelos nunha placa de forno, incorporar o lombo (previamente marcado á prancha por ambas caras). Fornear 45 min a 160ºC aproximadamente. Regar con viño branco varias veces. Unha vez asado coar o mollo resultante da cocción. Deixar enfriar un pouco para porder cortar en rebandas finas. Cortar o resto da cebola en dados pequenos pochar no aceite xunto co allo picado e deixar que doure, ligar con fariña e mollar co caldo da cocción.Terminar coas cirolas previamente remolladas en cogñac. Se a salsa está un pouco espesa, engádese nata líquida ou leite. Sérvese nunha fonte a carne coa salsa e acompañado de arroz en branco.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.