Atún con mexillóns en salsa de tomate
Ingredients
- 150 g atún
- 100 g salsa tomate
- 75 g pataca
- 40 g mexillón sen cuncha
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar as rebandas de atún quitándolles a pel, as espiñas e a parte negra central próxima á espiña. Salgar lixeiramente as rebandas. Nunha tixola quente a lume medio, cun pouco de aceite de oliva, cociñar os centros de atún volta e volta 1 minuto por cada lado, de mañeira que estean cociñados na superficie e lixeiramente rosados no centro e reservar. Lavar ben os mexillóns e colocalos nunha pota tapada, sen auga, a lume medio, ata que se abran todos. Retirar as cunchas baleiras e colocar os mexillóns (sen o seu cuncha) nunha cazoa baixa xunto cos centros de atún cociñados, salsear coa salsa de tomate. Dar un fervor de 1 minuto e acompañar de pataca cocida.
Notes
Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.