Asado de porco con piña
Ingredients
- 120 g lombo porco
- 80 g pataca
- 75 g piña
- 100 mL zume piña
- 100 mL caldo carne
- 75 mL viño branco
- 2 dentes (10g) allo
- perexil
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instructions
- Dourar o lombo de porco nunha tixola con aceite, troceado en anacos máis ben pequenos. Engadir o caldo e zume ata completar cocción da carne, se é necesario engadir máis líquido. Acompañar de patacas fritas e de piña marcada á prancha.
Notes
Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico. Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.