Print

Arroz con chipiróns e allos tenros

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 80 g arroz
  • 80 g chipiróns
  • 60 g allos tenros
  • 60 g salsa de tomate
  • 250 mL caldo de peixe
  • 5 g pemento choriceiro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 g caiena
  • colorante alimentario
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha cazola ou paelleira con aceite de oliva, refogar os chipiróns e os allos limpos troceados. Poñer o pemento choriceiro e caiena. Engadir o arroz para refogarlo todo. Poñer a salsa de tomate. Cubrir todo co caldo coloreado. Deixar a lume vivo durante uns 10 minutos, rectificando de sal se fose necesario. Deixar a lume medio durante uns 8 minutos máis. Para rematar deixar repousar uns minutos antes de servilo.

Notes

Vantaxes:
O aporte enerxético do chipirón é baixo e non presenta cantidades significativas de hidratos de carbono. Posúe proteínas de alto valor biolóxico e é rica en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia ás persoas con hipertensión arterial. Tamén posúe vitaminas como a B3, a B12, vitamina A e D, pero todas en cantidades baixas. O chipirón non é apropiado para persoas que teñan o colesterol elevado, xa que este alimento posúe cantidades altas desta substancia; tampouco se recomenda en persoas con hipertensión arterial.