Print

Coello á provenzal

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g coello
  • 60 g tomate
  • 50 g pataca
  • 40 g cabaciño
  • 30 g pemento vermello
  • 25 g berenxena
  • 25 g cebola
  • 15 g salsa tomate
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Trocear e salpementar o coello. Dourar nunha tixola con aceite de oliva e reservar. Mentres, nunha cazola, pochar os dentes de allo e a cebola picados, e pemento vermello troceado, cando a cebola estea case transparente, engadir a berenxena e o cabaciño cortados en cubos, mesturar ben e engadir os tomates pelados cortados en cubos coa salsa de tomate. Engadir o coello troceado, tapar e deixar cocer a lume lento durante uns 40 minutos. Acompañar de pataca cocida.

Notes

Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.