Print

Berenxenas gratinadas en salsa caseira

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g berenxena
  • 100 g tomate
  • 40 g pemento verde
  • 40 g cebola
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Trocear a berexena e asar ao forno a 170 ºC durante 20 minutos aproximadamente. Cortar a cebola, o pemento verde e o allo todo iso en brounoisse e rustrir o conxunto cun pouco de aceite de oliva nunha tixola. Cando a cebola tome cor engadir o tomate natural troceado e deixar que se cocine durante 15 minutos. Nunha fonte de forno facer unha cama de salsa caseira, dispoñer a berenxena enriba, cubrir lixeiramente con queixo relando e introducir no forno a 200ºC ata que se gratine a superficie.

Notes

Vantaxes:
A berenxena é moi pouco enerxética, o 92% da súa composición é auga. Contén vitaminas do grupo B, A, C e ácido fólico; o mineral máis abundante é o potasio, e en menor medida fósforo, calcio, magnesio e ferro. O seu leve sabor amargo é debido á gran cantidade de compoñentes antioxidantes que posúe, por iso é recomendado o seu consumo en dietas de adelgazamento.