Cabaciño e champiñóns refogados con allo e perexil
Ingredients
- 100 g cabaciño
- 80 g champiñóns
- 20 g xamón serrrano
- 2 dentes (10g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instructions
- Limpar o cabaciño e os champiñóns. Cortar o cabaciño en rebandas grosas para posteriormente cortar cada rebanda en catro. Nunha tixola con aceite de oliva fritir o allo cortado en láminas. Cando comece a dourarse engadir os anacos de cabaciño e os champiñóns laminados, despois dun par de minutos incorporar os taquiños de xamón. Tapar a tixola e deixar cocinar a lume medio durante 10 minutos removendo de cando en vez. Poñer a punto de sal e cando estean cocinados, engadir o perexil picado moi fino, dando un fervor ao conxunto.
Notes
Vantaxes:
O cabaciño caracterízase polo seu elevado contido en auga, seguido dos hidratos de carbono, e o seu baixo contido en lípidos e proteínas; estas características, ligadas a presenza de fibra, fan do cabaciño un alimento adecuado para dietas de adelgazamento. Contén vitamina A, B, C; magnesio, sodio, iodo, ferro, calcio e potasio; substancias que axudan na produción de glóbulos vermellos e brancos, na síntese do material xenético ou na formación de anticorpos do sistema inmunolóxico. Ademais, posúen acción antioxidante, regula os niveis de auga na célula, e mellora o funcionamento intestinal e dixestivo.