Print

Arroz con verduras gratinadas

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 70 g arroz
  • 180 mL caldo verduras
  • 40 g cabaciño
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 30 g feixóns verdes
  • 30 g acelgas
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Nunha paellera, poñer aceite de oliva e refogar a cebola, o allo, o pemento verde e o pemento vermello, os feixóns verdes, a cenoria, o tomate e o cabaciño, todo iso cortado en brounoisse (cadrados pequenos) durante 20 minutos a lume medio. Agregar o arroz e rehogar durante 2 minutos e cubrir co caldo de verduras (pode ser tamén auga) en dobre de volume de caldo que de arroz. Deixar cocer durante 20 minutos no forno a 170ºC. Cando o arroz estea no seu punto, cubrir por enriba con queixo relado e introducir no forno con grill ata que se forme unha costra de gratinado na superficie.

Notes

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio.