Print

Coliflor en salsa verde

Course Primeiro prato

Ingredients

  • 150 g coliflor
  • 50 g bacallau
  • 60 mL caldo peixe
  • 25 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 25 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva

Instructions

  • Cocer a coliflor. Mentres, pregarar unha salsa verde: pochar a cebola e o allo, ligar coa fariña, mollar co caldo de peixe. Remover a salsa para evitar que queden grumos, deixar ferver e introducir o bacallau troceado. Por último agregar os chícharos xa cocidos e mesturar todo.

Notes

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.