Ben me sabes
Servings 1 persona
Ingredients
- 8 g Azucre
- 1 g Canela
- 11 g Galleta
- 56.5 g Ovo
- 30 g Viño fino (Xerez, Manzanilla)
Instructions
- Formamos nunha fonte unha base de galletas bañadas en xerez, despois vertemos encima unha mestura feita de claras (a punto de neve) con xemas (previamente mesturadas con azucre) e, por último, cubrimos lixeiramente de canela. Deixamos arrefriar e servimos.
Notes
Coñécense con este nome diversos pratos en numerosos países de fala hispana. O “ben me sabes” é un prato doce de procedencia árabe, aínda que só se conserva na Illas Canarias, Castela-A Mancha, Andalucía, e en varios países de América Latina. En Canarias o doce elabórase con mel e améndoas; en cambio en América é unha especie de flan de coco con anacos de biscoito. En Colombia prepárase coa caseína do leite cortado mesturado con doce de panela e canela. É moi popular en Antequera (Málaga) onde se cre que a súa orixe se remonta ao século XVII onde o elaboraban no convento de clausura as monxas clarisas.