Print

Caldeirada de xarda

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 140 g Xarda
  • 40 g Cebola
  • 40 g Chícharo
  • 0.5 g Loureiro
  • 100 g Pataca
  • 0.5 g Pemento doce
  • 40 g Pemento vermello
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • Nunha cazola, refogamos en aceite pementos e cebola. Engádense as patacas en toros e cóbrense con auga. Aos 10 min, póñense os chícharos e o peixe deixando cocer 5 min máis. Unha vez feito, escórrese a auga sobrante e sérvese cun pouco de allada por enriba.

Notes

A cabala é un peixe azul cun contido graxo elevado. Trátase de ácidos graxos omega 3 que facilitan a diminución de colesterol e triglicéridos no sangue e reducen o risco de padecer enfermidades coronarias. Entre as vitaminas que contén a cabala destacan a B12, importante para o metabolismo, ademais de axudar á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central; e a B3 que beneficia ao sistema circulatorio. Destaca tamén a súa alta contribución proteica. Como inconveniente sinalar o seu contido en purinas que non a fai moi recomendable para persoas que sofren gota.