Caldeirada de peixe sapo
Servings 1 persona
Ingredients
- 20 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 50 g Cebola
- 50 g Chícharo
- 120 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 160 g Peixe sapo
- 1 g Sal
Instructions
- Sofritimos na base dunha cazola o pemento e a cebola, unha vez que adquiran cor engadimos o pescado fileteado, as patacas en toros e cubrimos todo con auga. Cocemos, e 5 min antes de retirar do lume incorporamos os chícharos para que estes non se pasen. O prato servirase cuberto por unha allada feita en aceite quente con allos e pemento para darlle así maior gusto ao prato.
Notes
O peixe sapo era un peixe pouco valorado. É coñecido por este debido ao seu aspecto. As "caldeiradas" feitas con este peixe son frecuentes na Galicia costeira e cocíñanas os mariñeiros no barco, engadindo tamén outros peixes, e tamén adoitan facerse nas tabernas dos portos. O peixe sapo non ten escamas nin espiñas, isto facilita que o consuma a poboación infantil e as persoas maiores. Debido ao seu baixo contido graxo resulta doado de dixerir e, ademais, posúe poucas calorías que beneficia as persoas que seguen dietas de adelgazamento.