Acelgas con allada
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 150 g Acelga
- 1.5 g Allo
- 100 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 1 g Sal
- 1 g Vinagre
- 35 g Cenoria
Instructions
- Cocemos as patacas, as cenorias e as acelgas. Escorremos e reservamos. Á parte, preparamos a allada, botando os allos en aceite quente. Unha vez feitos retiramos do lume e esparexemos con pemento e vinagre. Vertemos a allada sobre os alimentos reservados anteriormente.
Notes
As acelgas empezáronse a cultivar en Asia e consómense desde a antigüidade. Os romanos facían sopas coas acelgas. Cultívanse en climas mornos polo que as podemos atopar en Europa e en países bañados polo mar Mediterráneo. As acelgas están dispoñibles todo o ano. Proporcionan fibra polo que axudan ao tránsito intestinal. Ademais, son unha importante fonte de iodo, ferro, magnesio e calcio. En canto ás vitaminas, destaca o ácido fólico, a vitamina C e a provitamina A.