Print

Arroz en paella con cogomelos

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 60 g Arroz
  • 10 g Caldo de polo
  • 0.5 g Sal
  • 40 g Cogomelo

Instructions

  • Comezamos o guiso cun rustrido de allo (e se queremos pemento). Saltéase no rustrido o arroz, bótase o caldo e os cogomelos (variando as especies se pode ser). Cando a auga deixa de ser visible, báixase o lume e déixase cocer, lentamente, logo déixase repousar 10 min.

Notes

Posto que a época dos cogomelos silvestres é no outono e no inverno este prato sería idóneo para preparar nestas datas. Os árabes introduciron o arroz en España pero o seu consumo en China remóntase a hai miles de anos. O arroz é rico en hidratos de carbono, fibra, calcio, ferro e outros minerais en menor proporción.