Bacallau con allada
Servings 1 persona
Ingredients
- 15 g Aceite de oliva
- 2 g Allo
- 160 g Bacallau fresco sen sal
- 50 g Cebola
- 120 g Pataca
- 1 g Pemento doce
- 3 g Vinagre
Instructions
- Precocemos as patacas xunto coa cebola ata alcanzar o punto medio de cocción. Engadimos o bacallau desalgado e cortado en toros. Á parte, preparamos unha allada nunha tixola na que douramos o allo en aceite e despois engadímoslle a auga de cocción, o vinagre e o pemento. Esparexemos coa mestura e servimos.
Notes
Este era un prato moi recorrido na Coresma ata a segunda metade do século XX. O bacallau era un peixe barato e abundante. Considerábase un prato de pobres e era un bo substituto da carne. Acompañábase de patacas que se cocían xunto co bacallau. Pola súa parte o allo é bo para persoas que sofren hipertensión, artereoesclerose e taquicardia e cabe destacar o seu contido en vitamina C.