Print

Bacallau fresco ao viño branco

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 180 g Bacallau fresco
  • 20 g Fariña
  • 140 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 0.5 g Sal
  • 50 g Viño branco

Instructions

  • Córtase o bacallau en toros e pásanse por fariña. Frítense en aceite moi quente e resérvanse. Noutra tixola frítense, un pouco, as patacas cortadas en cuartos. Poñemos nunha cazola un baño de viño branco e, cando estea quente, engádenselle os toros fritos de bacallau cubrindo o fondo e, por enriba, as patacas toradas. Déixase ao lume ata que as patacas estean no punto. Compróbase que está listo se picamos cun escarvadentes. Nunha tixola á parte, dóuranse os allos cortados finos en aceite, engádeselle o pemento doce e cóbrese con esta salsa o bacallau e as patacas. Está listo para servir.

Notes

Este prato, na antigüidade, facíase con outros peixes que se podían consumir frescos que non é o caso do bacallau, xa que antes chegaba salgado a porto para conservalo. Hoxe en día esta receita tamén se fai con bacallau fresco. O viño branco é un excelente acompañante do peixe xa que o seu sabor é menos intenso que o do viño tinto, e iso permite que ao acompañar carnes magras estas non oculten o seu sabor.