Brócoli á galega
Servings 1 persona
Ingredients
- 5 g Aceite de oliva
- 75 g Brócoli
- 80 g Pataca
- 0.5 g Pemento doce
- 0.5 g Sal
- 20 g Cenoria
Instructions
- Lavamos e mondamos as patacas e as cenorias. Poñémolas a cocer, na pota rápida, cun vaso de auga e sal durante 10 min.
Notes
O brócoli contén moi poucas calorías e unha alta cantidade de fibra. Entre os minerais que contén están o potasio e o ferro, necesarios para a formación de glóbulos vermellos, e o calcio que axuda a fortalecer os ósos. Ten un gran valor nutritivo polo seu contido en antioxidantes e betacarotenos. As cenorias que acompañan o brócoli tamén conteñen fibra e teñen poder de saciedade. Polo seu contido en vitamina A son adecuadas para manter unha boa visión. As patacas son moi enerxéticas polo seu contido en hidratos de carbono. Conteñen vitamina C, potasio e magnesio. As patacas son interesantes para persoas que queren perder peso debido ao seu contido en fibra e o seu baixo contido en calorías.