Print

Boi de mar

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 100 g Boi de mar
  • 1 g Loureiro
  • 0.5 g Sal

Instructions

  • O tempo de cocción é de 15 min por kg de boi. O tempo de cocer varía segundo o boi estea vivo ou non. No caso de que estea vivo colócase en auga de mar fría cunha folla de loureiro e empézase a contar o tempo de cociñado a partir de que rompa a ferver. No caso de que contemos co boi morto ou conxelado engádese á pota cando rompa a ferver.

Notes

O boi de mar é o cangrexo europeo de maior tamaño. No mercado galego, podemos atopar por un lado o autóctono galego procedente das rías e, por outro, o francés, na súa práctica totalidade de Francia e das illas Británicas. A mellor tempada para o consumo do boi de mar é o inverno. Moitas e variadas son as formas de preparar este excelente e alcanzable marisco. O seu fígado e as súas ovas considéranse exquisitos. O boi de mar é un crustáceo rico en proteínas. Destacan na súa composición as vitaminas dos grupos B (principalmente B3 e B12) e E. As primeiras regulan procesos como a formación de glóbulos vermellos e producen hormonas sexuais e síntese de material xenético; mentres que a vitamina E, liposoluble, actúa como antioxidante. Os minerais que se atopan na súa carne son principalmente iodo, magnesio e sodio.