Print

Cabaciñas recheas

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g allo
  • 200 g Cabaciña
  • 20 g cebola
  • 20 g ovo
  • 16 g Jamón de York
  • 1 g loureiro
  • 5 g manteiga
  • 1 g perexil
  • 25 g polo
  • 16 g queixo relado
  • 0.2 g sal
  • 0.5 g tomiño

Instructions

  • Cortamos as cabaciñas en dous, de xeito horizontal e retiramos a polpa coidadosamente antes de cocelas. A polpa a estufarémola xunto coa cebola, co allo, co perexil e cun pouco de aceite. Tras un anaco, sazonaremos e botaremos as especias e o ovo. Unha vez feito, enchemos as cabaciñas coa mestura, ademais de queixo relado, xamón e polo xa cocido á parte. Levamos as cabaciñas ao forno colocadas nunha fonte durante 20 min.

Notes

A cabaciña é consumida desde hai pouco tempo pola poboación galega. Hai dúas receitas famosas da zona de Santiago de Compostela, as cabaciñas recheas de carne e os recheos de bacallau. Poden facer todo tipo de recheos. A cabaciña por si soa ten un baixo contido en calorías aínda que pode aumentar dependendo do recheo que incorpore. Presenta cantidades significativas vitamina C que intervén na absorción do ferro de orixe vexetal e tamén ten efecto antiinfeccioso. A cabaciña tamén contén potasio que regula o balance de auga no organismo e participa no mecanismo de contracción e relaxación dos músculos.