Capón con ostras
Servings 1 persona
Ingredients
- 30 g Agulla de tenreira
- 120 g Capón
- 30 g Ovo
- 1 g Limón
- 5 g Manteiga
- 1 g Noz moscada
- 15 g Ostra
- 100 g Pataca
- 1 g Pementa negra
- 38 g Porro
- 1 g Sal
- 5 g Touciño
Instructions
- Frítese nunha tixola a carne de tenreira picada xunto coa noz moscada e o touciño cortado finamente. Engádenselle dez ostras e dous ovos crus, así obtemos unha masa coa que encher o capón. Enchemos con esta masa o capón xa baleirado e cósese con fío para pechar. Bótaselle o sal e o exterior do capón úntase con manteiga de porco. Introdúcese ao forno a lume medio e de cando en vez é conveniente mollalo co zume que solta. Cando leva hora e media no forno, compróbase, coa axuda dunha agulla, se está ben asado. Se a agulla se introduce con facilidade no capón isto significa que xa está listo.
Notes
O capón e as ostras foron, antano, alimentos reservados a señores e familias con recursos económicos suficientes para o goce dun manxar exclusivo das grandes ocasións. O capón, na Idade Media, formaba parte dos banquetes da xente nobre. Na actualidade, consúmese moito nas celebracións do Nadal. O capón ten un contido en graxas baixo polo que se considera unha carne magra. Destaca, pois, o seu contido proteico, ademais de minerais como o ferro, o cinc, o fósforo e o potasio. As ostras, pola súa parte, son ricas en iodo que é beneficioso para o metabolismo. Conten cinc que facilita a asimilación e o almacenamento da insulina. Entre as vitaminas que conteñen as ostras destaca a B12 que é importante para o metabolismo e, ademais, axuda á formación de glóbulos vermellos no sangue.